Blogue da biblioteca do CEIP Illas Cíes

domingo, 20 de diciembre de 2009

Boletín informativo de Nadal 09


CEIP ILLAS CÍES

O presente tríptico presentavos as novas do trimestre e ofrecervos una escolma dos títulos que ben por ser novidades o por ter éxito contrastado co alumnado poderían aparecer nas vosas cartas de Reis.

¡¡¡Seguro que as súas Maxestades compraceralles especialmente atender as peticions de libros!!!


Feliz 2010 a tod@s dende a Biblioteca dos Mil Mundos, e neste ano … ¡Nadal con libros!

“A lectura fai o home completo, a conversación áxil, e o escribir preciso.” Sir Francis Bacon.


http://centros.edu.xunta.es/illascies/biblioteca08.htm

Estamos no PLAMBE por cuarto ano consecutivo e queremos informarvos:

· Todas as aulas nun espazo semanal visitan a biblioteca para facer empréstito de libros e tamén adicamos un tempo diario a lectura.

· Cada alumn@ posue un carné de biblioteca e o empréstito está informatizado co Programa Meiga.

· O horario de apertura polas tardes e de 4 a 5 os luns, mércores e xoves.

· O alumnado debe ser responsable no uso dos libros e evitar o seu deterioro.

Este trimestre desenvolvemos as seguintes actividades coa axuda da mascota Crocus:

· Día da Biblioteca Escolar (26/10/2009): Realizamos unha exposición de libros sobre as nosas “Illas Cíes”, e a ficción relacionada con elas, tesouros, praias…Fixemos lecturas en grupo con primaria, de illas e piratas,… tamén os alumnos de terceiro ciclo actuaron de contacontos para E. Infantil, cos libros de “Rita”, “Macario”e “A tartaruga que non podía durmir”. Finalmente rematamos co agasallo dun marcapáxinas.

· Semana da tradición oral: Tivemos un contacontos, preparado polos alumnos de música de 3º de E.P. co libro “El león remolón” de Jack Tickle para os alumn@s de infantil e 1º ciclo.

· Visitounos tamén o escritor Joan Manuel Gisbert, un mestre do misterio… os alumnos de 4º, 5º e 6º disfrutaron do encontro.

· Traballamos o tema central “Illas Cíes” nas nosas lecturas e aumentamos o fondo con novas adquisicións.

· Enviamos as novas mochilas viaxeiras da animación a lectura en familia para primaria e iniciamos as de infantil.


¡¡¡ Nadal con libros!!!

CEIP ILLAS CÍES

Biblioteca dos Mil Mundos.

Feliz Nadal 2009


Novas imprescindibles

Noemí López e unha ilustradora galega que nos visitará no segundo trimestre, estará co alumnado de infantil e 1º ciclo, polo que nas nosas cartas de Reis non deben faltar estas peticións, pois serán lecturas para traballar nas aulas:

Arrolos e rodas. Textos populares. Everest .Aula 3 anos

¡ Ola , son a Lúa! Ánxeles Ferrer. Everest. Aula 4 anos

As porcas porquiñas. Xosé A. Neira Cruz. Everest. Aula 5 anos.

A avoa Encarna fai niño. Xosé A. Neira Cruz. Everest. Aula de 1º E.P

María está a pintar o mar .Xosé A. Neira Cruz. Everest. Aula de 2º E.P.

Para 2º e 3º ciclo imos ler: La isla del tesoro. R.L.Stevenson. Gerónimo Stilton. Destino.

Outras novas

No segundo trimestre para os alumn@s de 2º e 3º ciclo, teremos un encontro co escritor Alfredo Gómez Cerdá, poderás adquirir para a túa biblioteca persoal algún dos seguintes libros:

3º ciclo:

Editorial Edelvives:

Barro de Medellín.

La jefa de la banda.

El volcán del desierto.

El tesoro del barco fantasma.

Un amigo en la selva.

El secreto del gran río.

Editorial SM:

Las palabras mágicas.

Timo Rompebombillas.

El tesoro más preciso del mundo.

Apareció en mi ventana.

La noche de la ciudad mágica

2º ciclo:

Editorial Edelvives:

Andrea y el cuarto Rey Mago.

El cartero que se convirtió en carta.

El mago del paso subterráneo.

El monstruo y la biblioteca.

Editorial SM:

Amalia, Amelia y Emilia.

Cerote, el rey del gallinero.

El negocio de papá.

El cuarto de las ratas.

Outras recomendacións da nosa mascota Crocus:

De 3 a 6 anos

Emma se pone guapa. SM.

O porquiño. Kalandraka.

De 6 a 8 anos

Sistema Solar. Macmillan Infantil.

Princesas del mundo. Ediciones B.

La casa más grande del mundo. Kalandraka.

Cantas pingas na cidade. Oqo.

De 8 a 10 anos

Cuarto viaje al reino de la fantasía. G.Stilton. Destino

El sueño del mirlo blanco. Everest.

O corazón do xastre. Oqo.

De 10 a 12 anos

El tesoro cósmico. Montena.

Pesadelo no tren de chocolate. Galaxia.

Cos petos cheos de cinza.Everest.

Tu duermes, yo muerdo. Edelvives.

Para pais e nais

Jaque al trono. Planeta.

El nuevo gran libro de los enigmas. Integral.

El hombre inquieto. Tusquets

¿¡Familias felices!? Edebé.


1 comentario:

  1. Benvidos á blogosfera. Fermosa biblioteca que vemos chea de vida.
    Apertas dende Fene

    ResponderEliminar