Blogue da biblioteca do CEIP Illas Cíes
Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de octubre de 2016

Comezamos coas mochilas viaxeiras!!

A experiencia da mochila viaxeira, está pensada para que, desde a biblioteca, se implique a familia, proporcionando un motivo de encontro entre os membros, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.

O contido desta mochila é unha serie de material bibliográfico (libro en castelán, libro en galego, libro de poemas, libro de valores e a revista do centro "Miñocas" 2016), que os nenos levan en préstamo durante unha semana. Ademais de este conto, na mochila tamén se inclue un caderno viaxeiro, no que os nenos (coa axuda das suas familias de ser o caso) deben facer suxerencias ou explicar cal foi o seu libro favorito.

É moi importante coidar o material e revisar que se entrega todo o contido das mochilas.

Esperamos que vos gusten os libros e comezamos esta andaina.


viernes, 9 de mayo de 2014

En marzo celebramos o Mes da Banda Deseñada

Tivemos no noso centro a maleta de Banda deseñada do CFR de Vigo; ademáis tivemos unha exposición na entrada da biblio adicada á banda deseñada. Sobre esta forma artística realizamos diferentes traballos

viernes, 11 de octubre de 2013

As mochilas viaxeiras xa comezaron a funcionar!

Dende tres anos a sexto de Educación Primaria, comezaron xa a funcionar as mochilas viaxeiras no noso cole. As mochilas conteñen libros para ao alumnado e tamén para as familias, e cada alumno ao longo do curso poderá ter a mochila na súa casa durante unha semana.

domingo, 20 de diciembre de 2009

Mochilas Viaxeiras 2009/10

Enviamos por primeira vez, as mochilas viaxeiras de animación a lectura en familia, aos alumn@s de E. Infantil e por terceiro ano aos alumn@s de primaria.