Blogue da biblioteca do CEIP Illas Cíes
Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de junio de 2014

Celebración do Día das Letras Galegas

Colaboramos co Equipo de Normalización e Dinamización lingüística na celebración do Día das Letras Galegas. Realizamos unha exposición de literatura en galego á porta da biblioteca. No festival entregamos os premios do concuros 
"Xornalista Manuel de Castro"

Celebración do Día do Libro: 23 de abril

Este curso tivemos a sorte de contar coa colaboración de dúas nais do centro. Davinia Barreira realizou un contacontos con infantil e primeiro ciclo de libros en inglés, e a ilustradora Chus Ferrín explicou ao alumado de segundo e terceiro ciclo en que consiste o seu traballo. Adicamos a exposición a libros en lingua inglesa e decoramos o centro con páxinas de distintos libros.

viernes, 9 de mayo de 2014

Recibimos a visita de varios anciáns do Centro de Maiores de Coia

Ademáis de contarnos un montón de cousas sobre as súas vivencias, deixáronnos unha exposición moi fermosa sobre o Vigo de hai cincuenta anos.

En marzo celebramos o Mes da Banda Deseñada

Tivemos no noso centro a maleta de Banda deseñada do CFR de Vigo; ademáis tivemos unha exposición na entrada da biblio adicada á banda deseñada. Sobre esta forma artística realizamos diferentes traballos

Celebramos o Día da Paz o 30 de xaneiro!


Realizamos moitas actividades: unha exposición sobre libros relacionados coa paz, os dereitos humanos e a educación en valores, realizamos papaventos da paz e retratos de distintas persoas do mundo, cantamos e bailamos "Cantarela dos Nenos" e compuxemos unha enorme pomba entre todos. Tamén vimos a película de "Binta y la gran idea"

viernes, 11 de octubre de 2013

Comezamos o curso cunha exposición sobre a paisaxe e visitas guiadas de todos os niveis á biblio

Unha exposición na entrada da nosa biblioteca reúne distintos libros sobre o eixe vertebrador deste curso escolar no centro: a paisaxe.
Nas visitas guiadas de inicio de curso, traballamos destrezas relacionadas coa formación de usuarios, e realizamos algunhas actividades de animación á  lectura.

viernes, 15 de marzo de 2013

Exposición das novidades da biblio


Exposición de novas adquisicións da biblioteca do centro para levar a casa
durante as vacacións de Semana Santa. Do luns 18 ao venres 22 de marzo de 16:00 a 17:00 hs (agás o martes que a biblio pecha).Tamén poderedes botar unha ollada á exposición dos traballos da Semana da Prensa así coma a nosa colección de xornais do mundo.

Celebramos a Semana da Prensa do 12 ao 16 de marzo


Durante a semana do 12 ao 16 de marzo celebramos a Semana da Prensa. 
Os alumnos e alumnas de sexto de primaria realizaron un xornal que se distribuiu en todas as aulas. Ademáis realizamos unha exposición de xornais do mundo no corredor da biblioteca do centro.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Do 11 ao 15 de marzo celebraremos a semana da prensa

Durante a videira semana realizaremos unha exposición 
con periódicos do mundo e distribuiremos entre o alumnado 
o traballo periodístico realizado polos alumnos de sexto de 
educación primaria en relación á semana da prensa.
Adxuntámosvos un enlace á un panel explicativo 

miércoles, 6 de febrero de 2013

Exposición de máscaras e persoaxes do Entroido no noso centro

En colaboración co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística 
realizamos caroutas tradicionais galegas e investigamos sobre as distintas persoaxes.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Día das Bibliotecas Escolares cunha exposcición sobre reciclaxe e arte



No corredor de entrada á biblioteca está á vosa disposición unha selección de libros relacionados co mundo da arte e da reciclaxe, en coherencia co eixo vertebrador deste curso no centro RRReciclArte

viernes, 2 de noviembre de 2012

Celebración da Semana da Prensa 2011

Do 12 ao 16 de marzo celebramos a Semana da Prensa.Con motivo desta celebración temos unha exposición de xornais de distintos países. Estes xornais foron solicitados ás embaixadas polos alumnos e alumnas do centro.

          Durante esta semana asistiron dous xornalistas ao centro, Alberto Alonso e Armando Álvarez, para aconsellar a cada ciclo, nun obradoiro dunha hora de duración, como traballar un xénero periodístico determinado: a portada, acontecementos, entrevisa e reportaxe.

          Coas indicacións dadas os alumnos de cada ciclo realizarán obras relacionadas co xénero asignado e con temática libre, individual ou por equipos, que serán exposas na biblioteca e que participarán no concurso do centro “Xornalista Manuel de Castro”.

Celebración da Semana da Tradición Oral 2010


domingo, 20 de diciembre de 2009

Agasallo marcapáxinas Día da Biblioteca Escolar

Finalmente, rematamos co agasallo dun marcapáxinas que lembraba a nosa exposición e a asignación do ano 2010 en Galicia, como ano do libro e da lectura.

Día da Biblioteca Escolar 26/10/09

Exposición de libros sobre ``As Illas Cíes´´, e a ficción relacionada con elas, tesouros, piratas,...