Blogue da biblioteca do CEIP Illas Cíes
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de junio de 2014

Participamos no programa municipal de animación á lectura Qontarte

O noso centro participou no programa municipal de animación á lectura "Qontarte" centrado en libros relacionados coa cociña. Ademáis de recibir como agasallo un lote de libros da editorial OQO, tivemos a sorte de contar cunha contacontos para as clases do primeiro ciclo de primaria e de cinco anos.

Celebración do Día do Libro: 23 de abril

Este curso tivemos a sorte de contar coa colaboración de dúas nais do centro. Davinia Barreira realizou un contacontos con infantil e primeiro ciclo de libros en inglés, e a ilustradora Chus Ferrín explicou ao alumado de segundo e terceiro ciclo en que consiste o seu traballo. Adicamos a exposición a libros en lingua inglesa e decoramos o centro con páxinas de distintos libros.

viernes, 23 de mayo de 2014

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Celebramos a semana da tradición oral aprendendo lerias e contos das familias dos nosos alumnos

Durante a segunda semana de novembro celebramos no cole a Semana da Tradición Oral. Varias nais, un pai e unha avoa do alumnado do cole foron os valentes contacontos desta semana.Realizamos en total catro contacontos, un por cada ciclo.
Damián, contou aventuras da súa vila, antes de que existira a tele, a internet e tanta maquiniña... Elodina contounos un conto moi fermoso do do Uruguai. Amanda contou unha historia para a rapazada do primeiro ciclo. Para Educación Infantil, Irene contounos historias do tempo dos muíños e Ánxeles unha historia sobre unha árbore moi especial.

Grazas a todos e todas por colaborar con nós 
da educación dos vosos fillos!

viernes, 2 de noviembre de 2012

Día das Bibliotecas Escolares 2011

Os libros  protagonistas na semana do 24 ao 28 de outubro.
Marisé Pérez falou de:
-BOY . Roal Dhal para  (Terceiro ciclo)
-PALABRAS DE CARAMELO.Gonzalo Moure.para (Segundo ciclo)
Nacha Maceda:
-UN ÁRBOL DE NARICES. José A. Millán , Perico Pastor para(Primeiro ciclo)
Carmen Espiñeira :
A toupiña que quería saber  quen lle fixera.....Werner -Hozwath para E. Infanti.
Foi moi divertido escoitar as narradoras.   Quedamos moi contentos e animados á  lectura destes, e outros moitos libros que temos na nosa marabillosa biblioteca.

Celebración do Día das Bibliotecas Escolares 2010

O día 27 de outubro celébrase o día das Bibliotecas escolares. O Mago Merlín achegouse ata a nosa, e contou un dos seus libros preferidos "Os tres bandidos". Todos e todas desfrutamos.

miércoles, 31 de octubre de 2012

O Bardo Abelardo visitou a Biblioteca dos Mil Mundos no mes de outubro

O Bardo Abelardo trouxo os seus enredos e cancións á Biblioteca 
nunha actuación para os alumnos e alumnas de tres anos


jueves, 24 de junio de 2010

Contacontos Contarte

Para o Día Internacional do Libro, ademáis de ler ao aire libre tivemos un contacontos para 1º ciclo e 4º e 5º de primaria de dous libros: ``Ollobrusco´´ e ``Caderno de animalista´´,grazas a Campaña do Concello de Vigo e o Oqo Editora.

miércoles, 23 de junio de 2010

Contacontos

Para E. Infantil e primeiro ciclo tivemos o conto ``A pedra e a formiga´´ de J. F. Serrano, editado por Xerais. Para 1º e 2º ciclo contamos con Manuel Solla e tamén con ``O home musical´´, para celebrar o Día do Libro.















domingo, 20 de diciembre de 2009