Blogue da biblioteca do CEIP Illas Cíes

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Celebramos a semana da tradición oral aprendendo lerias e contos das familias dos nosos alumnos

Durante a segunda semana de novembro celebramos no cole a Semana da Tradición Oral. Varias nais, un pai e unha avoa do alumnado do cole foron os valentes contacontos desta semana.Realizamos en total catro contacontos, un por cada ciclo.
Damián, contou aventuras da súa vila, antes de que existira a tele, a internet e tanta maquiniña... Elodina contounos un conto moi fermoso do do Uruguai. Amanda contou unha historia para a rapazada do primeiro ciclo. Para Educación Infantil, Irene contounos historias do tempo dos muíños e Ánxeles unha historia sobre unha árbore moi especial.

Grazas a todos e todas por colaborar con nós 
da educación dos vosos fillos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario