Blogue da biblioteca do CEIP Illas Cíes

viernes, 2 de noviembre de 2012

Celebración da Semana da Prensa 2011

Do 12 ao 16 de marzo celebramos a Semana da Prensa.Con motivo desta celebración temos unha exposición de xornais de distintos países. Estes xornais foron solicitados ás embaixadas polos alumnos e alumnas do centro.

          Durante esta semana asistiron dous xornalistas ao centro, Alberto Alonso e Armando Álvarez, para aconsellar a cada ciclo, nun obradoiro dunha hora de duración, como traballar un xénero periodístico determinado: a portada, acontecementos, entrevisa e reportaxe.

          Coas indicacións dadas os alumnos de cada ciclo realizarán obras relacionadas co xénero asignado e con temática libre, individual ou por equipos, que serán exposas na biblioteca e que participarán no concurso do centro “Xornalista Manuel de Castro”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario