Blogue da biblioteca do CEIP Illas Cíes

lunes, 27 de mayo de 2019

PRESENTACIÓN DE KUSUMA



              O mércores 21 de maio tivemos a sorte de contar na biblioteca coa presencia do escritor de Kusuma, Héctor Cajaraville, co obxectivo de presentarnos o seu libro e poder esclarecer tódalas dúbidas sobre a marabillosa historia destas personaxes. 
   Kusuma "é unha fábula ecoloxista protagonizada por unha faisán asiática obrigada a fuxir da agresividade do mundo industrializado" así é como define este libro o xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil que recibiu no ano 2018.
   Dende a biblioteca agradecerlle ao autor a súa presencia no noso colexio.





Moitas grazas pola túa visita!!


lunes, 1 de abril de 2019

Lectura na biblioteca


A lectura é unha das pedras angulares para a adquisición de coñecemento.
Ler, a lectura, é unha das mellores habilidades que podemos adquirir. Ela acompañaranos ao longo das nosas vidas e permitirá que adquiramos coñecemento, e que entendamos o mundo e todo o que nos rodea.
E é que ler ábrenos as portas do coñecemento e dá ás á nosa inspiración e imaxinación. Por iso,dende a biblioteca fomentamos esta habilidade de forma lúdica e motivadora.














“La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo". Joseph Addison.




lunes, 18 de marzo de 2019

Coeducación na biblioteca escolar


"Traballando pola igualdade"

   Dende a biblioteca escolar fomentamos a igualdade de xénero a través de diferentes actividades co obxectivo de axudar a eliminar os estereotipos relacionados co xénero e, por conseguinte, prevenir situacións de discriminación sexista no futuro.











lunes, 11 de febrero de 2019

Actividades do DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

        Durante a última semana de xaneiro, dende a biblioteca fixemos diferentes actividades para celebrar este acontecemento. Os cursos de 4º, 5º e 6º prepararon diferentes exposicións para explicarlle ao máis pequenos/as a historia do Día da Paz e mostrarlles diferentes personalidades que conseguiron o Premio Nobel da Paz.

   Aquí vos deixo algunhas imáxenes do gran traballo que fixeron. 







Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

viernes, 8 de febrero de 2019

Fomento da lectura


     
    Os libreros de Galicia están realizando unha campaña de fomento da lectura e dende a biblioteca imos compartir as fotografías que forman parte da Campaña Teaser e que desvelarán o 15 de marzo.

Animádevos!!



lunes, 21 de enero de 2019

A cultura de Paz na nosa biblioteca



        Avanza o mes de xaneiro cara unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día Escolar pola Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi hai agora 67 anos. No noso centro acostumamos  aproveitar esta data para traballar de forma intensiva os contidos propios da Cultura de Paz:

"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz" (Declaración da Constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)




Resultado de imaxes para mes da paz en biblioteca

lunes, 10 de diciembre de 2018

Mergullados no mundo da ciencia



Os/as nenos/ as de diferentes cursos traballaron diversos experimentos para coñecer novos conceptos científicos como: a presión atmosférica, a capilaridade da auga, a condutividade da auga salgada, as reaccións químicas...

A través destes pequenos experimentos os/ as nenos/ as involúcranse na aprendizaxe.












“Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo"

viernes, 23 de noviembre de 2018

O mundo da Ciencia



     Durante o mes de novembro celébrase o 
MES DA CIENCIA na Biblioteca  e nestes días levaremos a cabo diferentes experimentos no colexio. 
      Con tal motivo, pódese ver no corredor unha pequena mostra de libros relacionados coa física, a química, a bioloxía...









"La ciencia es la progresiva aproximación del hombre al mundo real".-Max Planck.



jueves, 8 de noviembre de 2018

Charlas sobre Primeiros auxilios na Biblioteca do Centro!!


    Esta semana estamos recibindo información sobre primeiros auxilios na Biblioteca do Centro. 






















Grazas, Uxío, pola túa atención e paciencia!!!