A lectura é unha das pedras angulares para a adquisición de coñecemento.
Ler, a lectura, é unha das mellores habilidades que podemos adquirir. Ela acompañaranos ao longo das nosas vidas e permitirá que adquiramos coñecemento, e que entendamos o mundo e todo o que nos rodea.
E é que ler ábrenos as portas do coñecemento e dá ás á nosa inspiración e imaxinación. Por iso,dende a biblioteca fomentamos esta habilidade de forma lúdica e motivadora.

No hay comentarios:
Publicar un comentario