Chegou o mes de outubro e a
biblioteca abre as súas portas para que todos poidades utilizar o servicio de
préstamo e consulta.
Para eso
debedes lembrar as NORMAS:
- A biblioteca estará aberta os luns, mércores e venres de 16:00 a 17:00 h.
- Estará atendida pola mestra de garda.
- Os alumnos de 5º e 6º poden facer uso dos libros de consulta e dos ordenadores.
- O alumnado de Infantil, 1º e 2º deben vir acompañados por un adulto.
- O servicio de préstamo será de tres libros como máximo (a mestra de garda pode valorar a cantidade), por un período de 15 días, renovables.
- As pérdidas ou deterioro de libros, terán como solución a súa reposición.
- Poderase utilizar o buzón de suxerencias.
Este curso
temos, ademáis, algunhas NOVIDADES:
- CARNET de lector estará en posesión dos alumnos, que deberán traelo cando veñan á Biblioteca.
- Creación dun recuncho para FAMILIAS, con revistas, libros de ficción e de consulta, que poden ser levados en préstamo. No caso dos libros de consulta, empregando o carnet dos seus fillos ou fillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario